Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A CIG FORMULA DENUNCIA PENAL POLOS ACCIDENTES DAS OBRAS DO AVE EN OURENSE

20 Dec 2017

Nos últimos catro anos computáronse nesas obras 9 accidentes moi graves

Nas obras de construción do AVE que decorren pola provincia d'Ourense producíronse, como mínimo, no últimos anos, os seguintes accidentes de traballo, graves:

a) O 2 de abril do 2013 morre un enxeñeiro de 37 anos atropelado nun dos tuneis do AVE no Concello de Vilar de Barrio.

b) O 17 de xuño do 2014 morre un traballador de 42 anos ao caír dunha pá excavadora nas obras do AVE no treito da Gudiña a Vilariño de Conso.

c) O 5 de agosto do 2014 un incendio no tunel do Corno (no Concello de Vilar de Barrio), producido ao pe dun depósito de detonadores de explosivos, provoca a intoxicación e evacuación de 13 traballadores/as.

d) O 7 de xullo do 2015 a CIG denuncia perante a ITSS de Ourense e a Subdelegación do Goberno en Ourense a realización de xornadas maratonianas por parte dos traballadores/as das obras do AVE, como causa da produción dos accidentes de traballo.

e) O 15 de setembro do 2015 un traballador de 31 anos morre e outro fica ferido grave ao cair dende un canastro de traballo, nas obras do AVE do treito Prado Cerdedelo.

 f) O 23 de marzo do 2016 un operario olla amputada a súa mau nas obras do tunel do AVE no treito de Cerdedelo, séndolle reimprantada no Hospital Povisa de Vigo.

g) O 6 de novembro do 2017 un operario de 35 anos morre no interior do tunel do Corno en Laza

h) O 30 de novembro do 2017 un condutor de tractor é ferido grave nas obras do AVE en Laza

i) O 19 de decembro do 2017 6 obreiros son evacuados dun incendio das obras do tunel do AVE en Laza.

A Confederación Intersindical Galega, concretamente a Unión Local de Verín e A Limia da CIG, ten formulado múltiplas denuncias administrativas, tanto perante a Inspección de Traballo e Seguranza Social d'Ourense, como perante a Subdelegación do Goberno en Ourense, sen obter mais resultados que promesas de analizar a sinistralidade na zona e, mesmo, declaracións de incompetencia, por parte da ITSS, para poder acceder aos tuneis do AVE.

Nas obras do camiño de ferro de alta velocidade que están a executarse nos treitos que decorren os concellos da Gudiña a Vilar de Barrio, a concentración de accidentes de traballo, mesmo mortais, é de tal magnitude que revela, no só un deficiente funcionamento dos servizos públicos, senón un desleixo absoluto, tanto no cumprimento das normas de seguridade laboral e dereitos dos traballadores/as, por parte das empresas adxudicatarias das obras e das Administracións Públicas concedentes, como na responsabilidade "in vigilando" da esixencia dise cumprimento, por parte dos órganos gobernamentais de Inspección e seguridade no traballo da Consellaría de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galiza e do Ministerio de Emprego.

 A CIG, farta de acodir a organismo que se pasan a pelota duns a outros, ven de presentar DENUNCIA PENAL perante o Xulgado de Instrución de Verín para que se abran dilixencias de investigación contra os responsábeis do que, a central sindical, considera que poderían constituír delitos contra a seguridade dos traballadores/as e prevaricación administrativa.

 Se queres ollar a denuncia presentada abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver