A CIG FAI UN CHAMAMENTO A PARTICIPAR NO DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
Será o sábado 25 ás 19 horas diante do CC Pontevella
A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas por organizacións feministas do país, entre as cales está a Marcha Mundial das Mulleres, da que a central forma parte, o vindeiro sábado, 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, co obxecto de visibilizar a violencia que sufrimos as mulleres polo feito de sermos mulleres e reclamarmos medidas efectivas e concretas para combatela.
Mobilizacións:
OURENSE - ás 19h diante do C.C. Ponte Vella
VIGO - ás 20h dende a Farola de Urzáiz
A CORUÑA - ás 19h no Obelisco
COMPOSTELA - ás 20h dende a Praza 8 de Marzo
FERROLTERRA - ás 18h polideportivo San Valentín (Fene)
ARZÚA - ás 19.30h entrada principal do Multiusos
Para lograr vivir sen violencia é preciso dun cambio de actitudes, dun cambio de políticas e dun cambio do modelo social vixente na nosa sociedade.
#QuerémonosVivas
#FeminismoparaVivir

