Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG DENUNCIA QUE, NESTA ALTURA, A SEAGA NON PUXO EN MARCHA O OPERATIVO DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS

03 Xul 2015

En pleno mes de Xulho e aínda non están contratadas as brigadas de extinción de incendios

A Unión Local da CIG de Verín e A Limia ven de denunciar, publicamente, a desidia e falta de programación na que está a incorrer, de cote, a empresa SEAGA. A día 3 de xullo de 2015 e, logo de ter pasado uns días abafantes, que levaron a un punto máximo o grao de risco de incendios en toda Galiza, a dirección da empresa SEAGA aínda non tivo a ben facer pública a data de incorporación ao servizos dos seus traballadores/as.

Dende a CIG tamén denunciamos as contradicións e mentiras da máxima responsable da Consellería de Medio Rural, que non fai tanto afirmaba que na data de 01/07/2015 tería operativo a todo o persoal de incendios de Galiza.

Por outra banda seguimos condenando a actitude prepotente de SEAGA que segue a tratar os seus traballadores/as como se estiveran incluídos nun réxime de servidume medieval; prisioneiros/as durante todo o ano dun contrato fixo descontinuo dunha duración de 3 meses, sen posibilidade de petición de suspensión de chamamentos nin petición de excedencias.

A xerencia de SEAGA vense caracterizando polo seu inmobilismo diante das propostas realizadas nos diferentes Comités Provinciais. O máis mínimo logro ou avance conseguido polos traballadores/as te un custe de varias reunión dos diferentes Comités. Mesmo cousas tan de sentido común como poden ser unhas perneiras para a protección física das traballadoras/es das labouras de desbroce, ou a instalación dunhas mínimas e sinxelas instalacións nos puntos de encontro laboral para o cambio de roupa ou un sinxelo aseo, requiriron que os traballadores/as de SEAGA tivesen que pelexar durante moito tempo por elas.

Na CIG seguimos a pedir unha negociación dun convenio de ámbito galego para estes traballadores/as. Rechazamos a proposta da empresa SEAGA de acordos parciais e puntuais. Como un organismo que presta un servizo  público, referenciamonos ao V CONVENIO LABORAL  da Xunta de Galiza, esixindo a dignificación das contratacións realizadas por SEAGA, incluíndo en primeiro lugar a ampliación do tempo de contrato, que faga posible que estes traballadores/as poidan subsistir con este traballo, e en segundo lugar  que as condicións nas que desenvolven a súa actividade diaria as traballadoras/es de SEAGA responda aos mínimos esixidos pola lexislación vixente. 

 

Volver