Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG denuncia a utilización dos servizos contra os incendios forestias para regar campos de fútbol ou rúas en Monterrei-A Limia

21 Set 2009

Cualifican de inmoral e vergoñento este uso dos servizos de prevención

Asi, a central sindical nacionalista subliña que "é cando menos inmoral e vergoñento que, dentro dunha política de favores e clientelismo, se estea a comerciar con máquinas e traballadores/as do Servizo de Incendios, obrigándolles a realizar tarefas como regados de campos de fútbol, regados de rúas, desatascado de alcantarillas, etc".

Danada maquinaria indispensábel

"A situación aínda se converte en máis grave cando como consecuencia da realización deses traballos, que non son outra cousa que "favorciños políticos", se chega a deteriorar maquinaria indispensábel na loita contra os lumes, como aconteceu o pasado 11 de setembro cun camión motobomba", engaden desde a CIG.

Petición de responsabilidades

Por iso, exixen desde a CIG que "cesen inmediatamente este tipo de actuacións caciquís, ao tempo que reclamamos das autoridades da Consellaria de Medio Rural que abran a investigación oportuna para clarificar a situación e que se diriman as responsabilidades ás que houbera lugar".

Volver