Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG CONVOCA REUNIÓN DA PLATAFORMA POLA SANIDADE DA COMARCA PRO PRÓXIMO 10 DE XULLO, A FIN DE TRATAR A SITUACIÓN DO HOSPITAL DE VERIN

30 Xun 2015

Moitos/as usuarios/as do Hospital de Verín están a ser derivados ao Hospital do Barco e a clínicas privadas como COSAGA e O CARME

Dende a Confederación Intersindical Galega de Verin queremos denunciar públicamente a situación de irregularidade que se esta atravesar no funciona mento diario do Hospital de Verin.

Ven sendo máis frecuente do que na CIG nos gustaría a denuncia de moitos/as usuarios do hospital no senso de que en vez de atendelos nas instalacións de Verín se lIes ofrece desprazarse ao Barco, ou mesmo ás clínicas privadas de COSAGA ou O Carmen, en Ourense, para ser tratados das súas doenzas, sen agardar tanto tempo de espera.

Esta máis que claro que a Consellería de Sanidade da Xunta de Galiza ten feita unha aposta pola sanidade privada en detrimento da pública. E para levar adiante o seu proxecto non dubidan en aplicar calquera medida, por despropósito que sexa : non se cubren en Verín as vacantes de enfermeiras e médicos necesarios, realizanse contratos de media xornada e por dias alternos, desvianse servizos de atención hospitalaria á atención primaria, non se substitúen as ausencias dos/as facultativos/as mantendo en espera de atención ós/ás seus/súas enfermos/as ata a súa reincorporación ...

E que dicir da, no seu momento tan cacarexada polo Partido Popular, unificación dos servizos de urxencias no Hospital, suprimindo o que ata entón viña funcionando nas dependencias do ambulatorio. Velaí o resultado: pacientes da vila que se teñen que desprazar para ser atendidos, falla de espazo para unha atención digna, falla de acceso para minusválidos/as, temperaturas insufribles nas dependencias, tempo de espera para ser atendido que se multiplica. Ninguén no seu sano xuizo pode defender que se mellorara o máis mínimo coa eliminación das urxencias no ambulatorio do pobo.

Diante desta situación de deterioro da sanidade pública na nosa comarca a Confederación Intersindical Galega de Verín convoca a todas as organizacións e persoas que se queiran sumar na defensa da sanidade pública na bisbarra de Monterrei a unha reunión da Plataforma Sanitaria Comarcal da Sanidade Pública, que se celebrará o día 10 de xullo, venres, ás 20,30 horas nos locais da CIG de Verin.

Do mesmo xeito dende a CIG de Verin facemos un chamamento ao equipo de goberno do concello de Verin para que se inicien todos os trámites que resulten necesarios aos efectos de devolver o servizo de urxencias ao ambulatorio; porque é evidente e contrastable que con este cambio melloraria notablemente a calidade do servizo e a atención que se lIes debe prestar ós/ás enfermos/as que o necesiten.

Luis Ferreiro Fernández

Secretario da Unión Local da CIG de Verín e A Limia

Volver