Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG DE VERIN E A LIMIA SOLICITA CONVOCATORIA DA COMISIÓN DE CONTROL DE PROCESOS SELECTIVOS NO CONCELLO DE LAZA

17 Xun 2021

Faino tras ter coñecemento da denuncia publica formulada polo grupo "Xuntos por Laza"

O secretario da UL da CIG de Verín e A Limia rexistrou perante o concello de Laza escrito solicitando a seguinte información:

Copia íntegra do expediente do proceso seletivo cuestionado do GES

Reunión extraordinaria da Comisión de Control de Procesos Seletivos, co obxeto de analizar a denuncia formulada polo grupo “Xuntos por Laza”

A suspensión cautelar do proceso, entanto non sexa celebrada a reunión da Comisión de Control

Ista petición xorde en base a que o 17 de xuño do 2021 varios medios de comunicación publicaran unha información relativa a que o grupo político “Xuntos por Laza” observou irregulariedades no proceso seletivo destinado a contratar persoal para o GES de Laza e, que a base 8ª, das Bases Xerais Reguladoras da Contratación de Persoal da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Verín e dos Concellos de Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Vilardevós e Riós, estabelece literalmente:


“ARTIGO 8.- COMISIÓN DE CONTROL DE PROCESOS SELECTIVOS:
Créase unha comisión de control de procesos selectivos seguindo as pautas marcadas polo artigo 61.7 da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público que establece a posibilidade por parte das Administracións Públicas de negociar as formas de colaboración das organizacións sindicais no desenvolvemento dos procesos selectivos.


1. Composición.
 Presidente: o da entidade municipal de que se trate, ou membro no que delegue.
 Vogais: ata 3 representantes da entidade que convoca o proceso e ata 3 representantes das centrais sindicais en proporción a súa representatividade na mesa xeral de negociación.
 Secretario (con voz pero sen voto): un empregado público da entidade municipal.
O sistema de votación e adopción de acordos será o mesmo que o previsto polo EBEP para as negociacións que se levan a cabo no ámbito da Mesa Xeral de Negociación: 1 voto a representación da Administración e 1 voto a bancada sindical.


2. Funcións:
 Informar e negociar, con carácter previo á súa aprobación, as bases específicas que rexan as convocatorias de todos os procesos selectivos que se vaian ofertar no ámbito territorial deste acordo.
 Informar sobre as propostas de resolución que realicen os tribunais e/ou órganos administrativos de todos os procesos selectivos que convoque a entidade de que se trate.
 Informar, con carácter preceptivo, sobre as alegacións e reclamacións que poidan interpor os interesados/as contra calquera dos trámites ou actos dos procesos de selección de persoal da entidade de que se trate, agás aqueles que sexan completamente estimados polo órgano convocante ou corrixidas de oficio.
 Informar, con carácter preceptivo, sobre os recursos que poidan interpor os interesados/as contra calquera dos actos citados nos procesos de selección de persoal da entidade de que se trate.
 Formular propostas de modificación das bases xerais e específicas reguladoras da contratación.
 Informar sobre os proxectos de modificación das bases xerais e especificas reguladoras da contratación.


3. Funcionamento e acceso a expedientes:
O funcionamento da Comisión axustarase ao disposto nos seguintes apartados:
A convocatoria da Comisión realizarase polo seu Secretario, por orde do Presidente:
 Con carácter ordinario, cando algunhas das partes que integran a Comisión sosteña discrepancias, queira formular alternativas ou apor obxeccións a respecto da proposta realizada polo órgano convocante do posto de traballo; tras recibir información sobre a oferta, a convocatoria, as súas bases reguladoras específicas, así como sobre calquera dos restantes trámites e/ou actos en relación cos que deba emitir informe a Comisión, con arranxo ao disposto no anterior apartado de funcións.
 Con carácter extraordinario, a petición de calquera das partes.
Co obxecto de cumprimentar as funcións propias da Comisión, todos os seus membros deberán ser notificados, polos Servizos Administrativos da entidade que oferte o posto de traballo, de cada un dos trámites, actos e reclamacións que fagan parte das citadas funcións remitíndolles, ao correo electrónico facilitado, os documentos acreditativos de tais trámites, actos e/ou recursos, no momento no que se diten ou produzan polo órgano competente.
Todos os membros da Comisión terán acceso inmediato, no momento no que o soliciten por escrito ao/á Secretario/a da entidade Municipal correspondente, aos expedientes íntegros das convocatorias de postos de traballo, así como a todos os trámites e actos que se adopten nas distintas fases dos procesos selectivos que se desenvolvan.
Os membros da Comisión terán deber de sixilo a respecto do contido dos expedientes aos que teñan acceso, podendo incorrer en responsabilidades persoais no caso de uso inadecuado do contido ou datos aos que accedan en virtude da súa función”



Volver