Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

NACE A PÁXINA WEB DA CIG DE VERÍN E A LIMIA

14 Abr 2014

O 14 de Abril de 2014 publícase a páxina web da CIG de Verín e A Limia, como canle de expresión e servizos dos trabalhadores/as do oriente ourensao

Tras moitas horas de trabalho e a axuda fundamental do afiliado da CIG e programador informático, Carlos Escudero Portas, olha a luz a páxina web da CIG de Verín e A Limia, como canle de expresión e loita dos trabalhadores e trabalhadoras do suleste da provincia d'Ourense.

A páxina web está dividida en 7 seccións: Novas, Opinión, Quen Somos, Servizos, Arquivo, Afiliación e Contacto.

Na sección Novas, pretendemos dar luz ás cuestións de índole laboral, sindical e social que poidan interesar aos trabalhadores e trabalhadoras das nosas comarcas e que, de cote, son silenciadas polos medios tradicionais.

Na sección Opinión, publicaremos as posicións ideolóxicas e persoais de diversos autores/as do ámbito da cultura, do sindicalismo, do trabalho, etc.

Na sección Servizos, relacionamos as prestacións que ofertamos aos nosos afiliados e afiliadas, facilitando un sistema de xestión, en linha, das mesmas.

Na sección Arquivo, gardamos a historia, en fotos e videos, da nosa actividade sindical dende o ano 1989. Paga a pena darse umha volta pola fototeca e pola videoteca da nosa web.

Na sección Afiliación, chamamos á unión de todos os trabalhadores e trabalhadoras ao redor da CIG e explicamos os pasos a dar pra solicitar a alta na central sindical.

Finalmente, na sección Contacto, dispuxemos un formulario pra que todos os trabalhadores/as que o desexen poidan realizar as consultas que consideren.

Desexando que a páxina sexa útil pros trabalhadores e trabalhadoras das Comarcas de Monterrei, A Limia, Conso Frieiras e Viana do Bolo, aproveitamos a ocasión para lembrar que un día coma hoxe, no 1931, naceu a República. 83 anos despoixa os galegos e galegas perseguimos e construiremos umha outra República nosa, a República de Galiza.

Un saúdo nacionalista e de clase a todos os trabalhadores e trabalhadoras.

A Comisión Executiva da Unión Local da CIG de Verín e A Limia.

Volver