A CIG de Verín demanda modificar a clasificación, equiparación e os salarios do persoal do concello
Entende que se vulneran, entre outros, o principio de igualdade
Entre as modificacións demandadas salienta a reclasificación profesional a que obriga a Lei de Coordinación de Policías Locais de Galiza; a equiparación dos salarios base do persoal laboral por grupos e categorías profesionais, segundo estabelece a RTP do concello de Verín e a equiparación dos complementos de posto do persoal laboral por grupos e categorías, que tamén estabelece a RTP do concello.
A CIG propón tamén negociar a adaptación á realidade laboral actual dos complementos específicos de todo o persoal funcionario do concello, actualmente desfasados a respecto doutros concellos semellantes.
Por iso, xa solicitou que se convoque, con carácter previo á aprobación dos orzamentos do concello e da súa RTP o Pleno da Mesa Xeral de Negociación, para introducir as modificacións demandada, negociar a adaptación do complemento específico de todo o persoal funcionario do concello á realidade laboral actual, con independencia doutros acordos laborais aos que se poida chegar no ámbito das mesas de negociación colectiva.