A CIG DE VERÍN CONVOCA XUNTANZA PRA ANALIZAR O FUTURO DAS COMARCAS DO SULESTE DE OURENSE
Será o vindeiro mércores 21 ás 12:30 no salón de plenos do concelho de Verín
Tras constatar, nos últimos anos, o incesante devalo económico e social das comarcas do suleste d’Ourense: Viana do Bolo, Conso, As Frieiras e Monterrei, que ten producido umha perda alarmante de povoación, por falta de emprego e de opcións coas que manter umha vida digna nas nosas zonas, a CIG considera que é necesario dar un paso adiante, tanto por parte das Administracións Públicas, como dos axentes sociais e económicos que operamos nistes territorios, aínda que só sexa pra pormos en común as alternativas e ideas das que disponhamos dirixidas a frear umha dinámica que, inexorabelmente, nos conduce á irrelevancia.
Sabemos que retornar a situación descrita non está, exclusivamente, nas nosas maus, mais tamén estamos certos de que se, como vicinhos/as do suleste d’Ourense, non impulsamos, prememos, propomos e, mesmo, presionamos conxuntamente para que agromen isas oportunidades, nenguén o vai facer por nos.
Temos carencias estruturais comúns que non só son importantes para contar con algumha posibilidade de futuro, senón que son vitais mesmo para a propria existencia dos nosos concelhos: o transporte público intercomarcal, a posta en valor e produción dos milheiros de hectáreas de monte que tenhen ardido nos últimos anos, a coordenación das nosas administracións públicas para a procura conxunta de investimentos reais que non sexan, simplesmente, campanhas publicitarias ou de marketing, o estabelecemento de axudas ás iniciativas que xeren trabalho para os vicinhos/as, non só para algúns vicinhos/as, etc.
Pois ben, pra falar distas cuestións e daqueloutras que sexan do teu interese, a centra sindical que represento convoca aos responsábeis dos Concelhos de Viana do Bolo, Vilarinho de Conso, A Gudinha, A Mezquita, O Rios, Vilardevós, Castrelo do Val, Verín, Oímbra, Laza, Monterrei e Cualedro, así como aos das Mancomunidades de Verín e Conso Frieiras, mais aos da AEVER e de cantas Asociacións de comerciantes, produtores/as, viticultores/as, labregos/as, hostaleiros/as, construtores/as, etc. queiran participar, a umha XUNTANZA que terá lugar o próximo MÉRCORES DÍA 21 DE NOVEMBRO ÁS 12.30 HORAS NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELHO DE VERÍN co obxecto exposto.
En consecuencia, gostaríamos contar coa túa presenza na xuntanza e que, ademais, ti mesmo/a convidaras a participar a aquelas entidades sociais, económicas e sindicais da túa zona que consideres que “representan algo”. Non se trata de encher a xuntanza de siglas partidarias, senón de sensibilidades e necesidades sociais reais

