Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG VERÍN CELEBROU ISTE XOVES 26 ASEMBLEA DE DELEGADAS/OS

26 Nov 2020

Levouse a cabo no Salón de Actos da Casa Sindical

A CIG Verín celebrou este xoves 26 de novembro a Asemblea de Delegados/as no salón de actos da Casa Sindical de Verín, no marco da campanha para esixir unha saída galega e xusta á crise con políticas que non se traduzan, unha vez máis, no saqueo á clase trabalhadora.

O obxetivo da asemblea foi a presentación das propostas para a recuperación económica, a industrialización e a creación de emprego digno na comarca de Monterrei e A Limia, con medidas de carácter transversal e sectorial nas que os poderes públicos deben de xogar un papel fundamental.

As/Os Delegadas e Delegados da CIG Verin trataron a gravidade da situación laboral e social que está a vivir a comarca, xunto coa necesidade urxente de iniciar de xeito inmediato medidas para unha saída de maneira xusta para a clase trabalhadora. Esta asemblea está integrada na campanha nacional que a CIG está a levar a cabo por todo o país, baixo o lema “por unha saída galega xusta da crise”. Durante a mesma, delegadas e delegados de varios sectores interviron presentando diferentes situacións e aportando a súa opinión á situación que estamos a sofrir.

O secretario da CIG Verín, Óscar Núnhez, destacou que "a comarca de Verín A Limia está fortemente castigada, unha das máis castigadas do país, e neste momento hai un incesante goteo de despedimentos. O pouco tecido industrial que queda está a piques da súa desaparición”, e engade que “a CIG estará presente en todos e cada un dos conflitos apoiando a todas/os os trabalhadoras/es que o precisen, xa que, na realidade é o único sindicato que defende os seus direitos nesta comarca

Asemade, lembrou que esta localidade debe intensificar novamente a mobilización social, saíndo á rúa como fixo en tantas ocasións anteriores.

Volver