Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG de Verín-A Limia reelixe a Luís Ferreiro como secretario da Unión Local

18 Nov 2013

Durante a VI Asemblea, que se desenvolveu este sábado na Casa da Cultura de Verín, escolleuse tamén nova Executiva

Deste xeito, despois da sesión celebrada este sábado no salón de actos da Casa da Cultura de Verín a partir das 10.30 horas, a Executiva local queda conformada polas seguintes persoas:

-Luís Ferreiro Fernández

-Begoña Alonso Santamarina

-Ana Belén Alonso Pardo

-Francisco Xabier Rodríguez Cerdeiro

-Pablo Martínez Pérez

-Camilo Lorenzo Pérez

-Luís Pérez González

No acto de clausura interviñeron, ademais do secretario da Unión Local, Luís Ferreiro, o secretario comarcal da CIG de Ourense, Etelvino Blanco, e o secretario confederal de Formación para o Emprego, Manoel Anxo García Torres.

Unha vez rematada a VI Asemblea celebrouse un acto de homenaxe á compañeira liberada da U.L. de Verín e A Limia, Dores Pérez González, quen, logo de 16 anos de actividade a favor dos traballadores/as destas comarcas, deixa a Executiva, cesando tamén no seu cargo de liberada sindical.

Dende a central nacionalista incidiron no feito de que a VI Asemblea chega nun momento especialmente delicado xa que se trata dunhas comarcas castigadas pola crise económica e amosáronse convencidos de que “a CIG é unha ferramenta imprescindíbel para os traballadores/as da bisbarra na procura de acadar un modelo económico e social máis favorábel no que se garantan o reparto equitativo da riqueza e dereitos básicos como o ensino, a sanidade, os servizos sociais, a vivenda ou un posto de traballo digno na propia terra”.

Volver