Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG DE OURENSE DEMANDA A PROTECCIÓN DA CLASE TRABALLADORA

23 Abr 2020

Alertan da situación na provincia

Unha representación da CIG de Ourense levou a cabo un acto diante da Subdelegación do Goberno na cidade reivindicando a protección da Clase Traballadora Galega.

Con iste acto, a CIG reclama políticas de protección, e uns ingresos dignos, máis no momento que estamos a atravesar con esta pandemia.

Aseguran que non se pode permitir que nos sigan a empobrecer, a roubar os nosos dereitos  mentres se facilita todo tipo de abusos patronais.

A Clase Traballadora segue, en moitos casos sen recibir as prestacións dos incluídos nos ERTES, e en moitas outras empresas con actividade, as medidas de seguridade son insuficientes ou, mesmo inexistentes. 

Por isto, a CIG manterá a loita a carón da Clase Traballadora Galega.

Volver