Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG DARÁ RESPOSTA A NOVA TENTATIVA DE PRIVATIZAR SERVIZOS DA DEPUTACIÓN DE OURENSE

04 Xan 2022

Hai unha nova tentativa de privatización sobre o servizo de recolla do lixo

Hai nove anos a CIG, sen representación sindical na Deputación e en solitario, impugnou o intento do goberno do PP de privatizar do Servizo de Recollida de Residuos Sólidos (RSU) da Deputación. Aquel proceso foi longo, difícil e sen axuda de nenguén, tendo que acudir-mos en varias ocasións aos xulgados. A privatización non foi levada a cabo e a día de hoxe o servizo continúa a ser público.
Hoxe, de novo, o goberno do PP na Deputación acorda privatizar un servizo que emprega a mais de 80 traballadores/as e cobre as necesidades de recollida de lixo de milleiros de veciños e viciñas na provincia.
A intención segue a ser a mesma que hai 9 anos: tallar as prestacións que recibimos os cidadáns/ás e mudar o carácter público das mesmas: de servizos que procuran un beneficio social para todos/as a servizos privados que procuran un beneficio económico para algúns.
Ademais, a decisión de privatizar o Servizo de RSU concorda coa publicación no BOE da Lei 20/2021 do 28 de decembro que obriga ás Administracións Públicas (tamén á Deputación) a regularizar a situación de temporalidade de ducias de traballadores/as precarizados/as. Pois ben, moitos/as dos posíbeis beneficiarios/as da citada lei na Deputación: os traballadores/as do servizo de RSU, van ficar sen poder atinxir a estabilidade no emprego ao seren cedidos a empresas privadas.
Cando os servizos públicos están a ser reforzados en toda Europa, a Deputación de Ourense, nun alarde de “ourensanía” e “modernidade”, privatiza unha prestacións esencial para os cidadáns/ás: o servizo de recollida de residuos. Iste é o xeito de Baltar e o seu partido de agradecer o traballo desenvolvido polo/as empregados/as do Servizo de RSU que non pararan de operar nen sequera no mais duro da pandemia: o confinamento !
Ourense
O posicionamento da CIG vai ser idéntico ao de hai 9 anos: habemos impugnar xudicialmente o acordo de externalización do servizo de RSU e o acordo de modificación da Ordenanza de RSU e, asemade, imos promover a unidade sindical para enfrontar-nos a este despropósito. A ver se desta volta conseguirmos xuntar ao redor do obxetivo de impedir a privatización o que non conseguemos hai 9 anos: a unidade de todos os sindicatos !

Volver