Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG critica que a Axencia de Protección de Datos obrigue agora a Vidreira do Atlántico a dar as gravacións feitas nas folgas

29 Feb 2012

A decisión chega dous anos despois do peche da empresa ourensá, cando xa non fan falta para os procesos xudiciais

Dende a CIG explican que a cuestión non tería máis relevancia que a de acreditar a total falta de dilixencia e eficacia da Administración e da Xustiza no Estado español, “senón fora porque os traballadores e traballadoras de Vidreira do Atlántico fartáronse de denunciar en 2009 que o empresario o que pretendía coas gravacións era violar o dereito fundamental de folga para, posteriormente, pechar a empresa e levar a produción de Xinzo de Limia a outros establecementos”.

Agora, dous anos despois de cumprirse os agoiros sindicais e de terse producido o peche da empresa, a AEPD acaba de resolver que Vidreira debe entregarlle aos traballadores/as e á CIG as gravacións das folgas. Estas gravacións, de terse entregado no seu momento, “poderían ter constituído probas fundamentais nos procesos xudiciais de denuncia de dereitos fundamentais emprendidos polos traballadores/as”.

Volver