A CIG CORREOS INFORMA SOBRE A CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO E O EXAME DE INGRESO
Queren informar ante as continuas queixas e consultas recibidas
Diante as continuas queixas e consultas que estamos a recibir con respecto a tódalas irregularidades ocorridas tanto no primeiro exame do día 30 de setembro como do día 21 de outubro temos que dicir o seguinte:
- A CIG foi o primeiro sindicato en denunciar tódalas irregularidades acontecidas no exame do día 30 de setembro.
- A CIG estivo presente no exame extraordinario do día 21 de outubro celebrado en Santiago e os exames viñan precintados e numerados.
- Que a CIG ten a disposición de tódolos os seus afiliados a Asesoría Xurídica.
- Que a CIG ten presentado por escrito ao Órgano de Selección tódalas irregularidades con respecto ao exame extraordinario do día 21 de outubro, denunciando entre outras as seguintes cuestións:
-Falta de transparencia non publicando nin o exame nin a folla de respostas do exame do día 21 de outubro na web de Correos - Como é posible que ninguén se dera de conta que habían 9 preguntas repetidas e quen é o responsable?? - Como se vai a establecer a nota de corte para os que se examinaron o día 30 de setembro e os do día 21 de outubro? - Que, coa anulación de 12 preguntas no exame do día 21 (un 12% dun exame de 100 preguntas) hai un prexuízo dobre sobre estes aspirantes, pois pode afectarlles na puntuación que se da para as Bolsas de contratación polo número de preguntas acertadas. - Que decisións se pensan adoptar co respecto ás irregularidades acontecidas no proceso en xeral de Consolidación ??? Etc, etc
- Ademais queremos deixar claro que o encargado de efectuar as probas, adoptar as medidas oportunas para a realización do proceso selectivo, aprobando as instrucións que estima pertinentes, é dicir os responsables de todo esta CHAPUZA é o ÓRGANO DE SELECCIÓN e teñen nome e apelido:
MEMBROS TITULARES DO ÓRGANO DE SELECCIÓN
Presidente D José Carmelo Molina Marzo
Vocal D Alejandro Llinas Pérez
Vocal D Carlos García González
Vocal Dª Victoria Sendín Álvarez
Vocal Dª Rosa María Martínez Muñoz
Vocal (CC.OO.) Dª María del Mar Curto Polo
Vocal (U.G.T.) Dª Fortina López Ansede
Vocal (C.S.I./C.S.I.F) D Diego Ruíz Díez
Vocal (S. LIBRE) Dª Raquel Fernández Sánchez
Secretario D Fernando Blázquez Pérez

