Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN CONTRA O FEMINICIDIO

19 Dec 2016

Será o martes 20 ás 8 da tarde

A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres, da que a CIG forma parte, para este martes 20 de decembro, en repulsa aos asasinatos machistas de Ana María Enjamio e Elena Michaela Marcus.

Estes asasinatos non poden ser considerados como dous casos máis dunha longa lista de feminicidios. Son catro xa as galegas asasinadas durante o ano 2016. Estas en tan só dous días, mais deberan ser os derradeiros. Non podemos asumir a cotidianidade dos asasinatos. É preciso denunciar os valores patriarcais que perpetúan e consolidan na sociedade a violencia contra as mulleres.

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra o feminicidio. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

CONCENTRACIÓNS MARTES 20 DE DECEMBRO ÁS 20 HORAS:

Vigo, no Marco

Lugo, na Praza do Concello

A Coruña, no Obelisco.

Compostela, na Praza 8 de marzo /Porta do Camiño.

Ferrol, na Praza do Concello.

Ourense, Castañeira (Subdelegación do Goberno).

Pontevedra, diante da Audiencia Provincial, R/ Rosalía de Castro.

Volver