Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG CONVOCA MANIFESTACIÓN NO SECTOR DAS AMBULACIAS PARA O VINDEIRO 28 DE NOVEMBRO

22 Nov 2018

Sairá ás 11 da estación do tren de Compostela

Como saberedes, o 13 de novembro houbo unha reunión da Mesa Negociadora do Convenio de Ambulancias. Convén aclarar algunhas cousas que ocorreron e que nos levaron a onde estamos. O 20 de novembro do 2107 celebrárase a última reunión do Convenio, quedando todas as partes en volver a vernos o 11 de decembro para continuar coa negociación. Posteriormente a Patronal enviou por escrito que non asistiría e que nos convocaría para outra data, algo que nunca fixo.

Pola nosa parte fixemos xestións no Consello Galego de Relacións Laborais e coa Patronal para volver sentarnos, pero a contestación foi sempre que se non aceptábamos previamente unha rebaixa do Convenio do 10% non negociarían.

E nós non convocamos por convocar porque iso crearía falsas expectativas e desilusión. Optamos por elaborar unha folla de ruta con mobilizacións para forzar a reunión do Convenio sen posturas previas e recortes. A cambio fixemos folgas,as manifestacións máis grandes deste sector, concentracións, encerros na Consellería, escrache ao Conselleiro, denuncias na inspección, demandas, reunións cos partidos, ... Tanto contra a Patronal como contra a Xunta, a outra gran protagonista. E foi precisamente a forza dos traballadores e traballadoras deste sector a que permitiu que na última reunión do Convenio a Patronal deixara de pedir a redución do Convenio e aceptara negociar sen chantaxes.

Compre lembrar que os dereitos nun Convenio non se acadan por falar ben ou inventar fórmulas maxistrais. A forza de quen está na Mesa é a forza que Ile dan os traballadores e traballadoras do sector. Sentarse é doado, mesmo asinar algúns convenios. Existen exemplos de Convenios asinados á baixa e sen problemas, que a CIG por suposto non asinou. O difícil é arrincarlle melloras ás patronais.

Así que se queremos asinar un novo Convenio con dereitos e melloras salariais, temos que seguir demostrando a nosa forza. Desde a CIG facemos un chamamento aos traballadores e traballadoras do sector a seguir mobilizándose e pedímosvos que participedes na manifestación que faremos o día 28 de novembro en Santiago.

A LOITA É O ÚNICO CAMIÑO!!!!

 

Olla os vídeos convocando a folga en: Canle de youtube

Volver