Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG CHAMA A ORGANIZACIÓNS E CIDADÁNS/ÁS A CONSTITUÍR UN ÓRGANO DE DEFENSA CONTRA A SUPRESIÓN DOS PARTIDOS XUDICIAIS DE VERÍN E XINZO DE LIMIA

12 Abr 2014

A CIG convoca, pros días 15/04 (verin) e 16/04 (xinzo), a organizacións de todo tipo pra unificar posturas, co obxecto de impedir a supresión dos partidos xudiciais de Verín e Xinzo de Limia

Tras a aprobación do Anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial polo Goberno, constátase que a maioría das Comarcas de Galiza están destinadas a perder a súa condición de partidos xudiciais e, con ela, a deixar polo caminho os servizos proprios de tais entidades: xulgados de paz, rexistros civís, xulgados de instancia, etc.

O proxecto gobernamental integra, os Partidos Xudiciais de Verín e Xinzo de Limia, así como a maioría dos da provincia, nun único ente, con sede na cidade de Ourense. O mesmo que están facendo coa xestión hospitalar. 

A esmagadora de servizos públicos, posta en marcha, non ten límites. Calquera día imos erguer coa noticia de que se trasladan as escolas de primaria de toda a provincia á cidade de Ourense ou, quen sabe se no futuro, a Zamora. Baixo o paraugas da crise económica aténtase, sen complexos, contra os dereitos da cidadanía, mentres se inxectan miles de milhóns de euros no sector financeiro e na banca, pra que tres segan vivindo a custa da maioría. A crise pagámola os cidadáns e cidadás e os nosos impostos acaban nas contas de resultados dos que a provocaron.

A nenguén lhe esquece a importancia que pras comarcas de Monterrei e A Limia ten o mantemento dos partidos xudiciais, tanto dende a prespectiva institucional, como dende a prespectiva dos servizos que presta aos cidadáns e cidadás. A supresión dos citados partidos xudiciais pode provocar que os limiaos/ás e os verineses/as deban acodir, pra facer calquera trámite civil ou xudicial a Ourense.

Ante tal panorama a Unión Local de Verín e A Limia da Confederación Intersindical Galega considera que a cidadanía debe mobilizarse e impedir a perda de mais servizos públicos, comezando polos que a representan.

Por tais motivos, é polo que a CIG convoca, como primeira medida, aos Alcaldes dos Concelhos do Partido Xudicial de Verín e de Xinzo de Limia, aos dirixentes das organizacións políticas, sindicais, empresariais, vecinhais e sociais das comarcas de Monterrei e A Límia e aos profesionais do sector, cidadáns e cidadás interesados/as, a participar nas xuntanzas que se celebrarán o día 15 de abril (martes), ás 19 horas, na casa da Sindical de Verín e o día 16 de abril (mércores), ás 19 horas, na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, co obxecto de constituír un órgano de defensa dos intereses de ambas comarcas, contra a supresión dos partidos xudiciais de Verín e Xinzo de Limia.

Volver