Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG CONSTITÚE, POR 1ª VEZ, UMHA SECCIÓN SINDICAL NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL D'OURENSE

29 Abr 2014

A central sindical solicita a convocatoria da comisión conformada co fin de negociar a transferencia do Servizo de Recolha de Lixo a umha empresa

O día 29/04/14, representantes da Unión Local da CIG de Verín e A Limia, comunicaron á Deputación Provincial d'Ourense a constitución dumha sección sindical, no ámbito do persoal laboral da institución supramunicipal, integrada, inicialmente, por 15 trabalhadores do Servizo de Recolhida do Lixo, afiliados á central nacionalista.

Consonte co disposto, nos artigos: 8.2 da Lei Orgánica de Liberdade Sindical, 87.1 do Estatuto dos Trabalhadores/as e 44 C) Convenio Colectivo para o persoal laboral da Deputación Provincial, as seccións das centrais sindicais mais representativas tenhen atribuídos, entre outros, o dereito á negociación colectiva, o dereito á información e entrega de documentación e o dereito a asistir ás reunións do Comité de Empresa e das comisión negociadoras.

Con ise soporte legal a CIG ven de solicitar á institución provincial, a súa participación na negociación e a convocatoria da Comisión Negociadora conformada pra transferir a umha empresa mixta o Servizo de Recolhida do Lixo; adiantando, o sindicato, umha serie de propostas que considera relevantes pra alcanzar un acordo satisfactorio pra todas as partes.

A Confederación Intersindical Galega agarda que a Deputación Provincial, antes de pechar as negociacións que mantén abertas co Comité de Empresa, tome consciencia da nova situación sindical e da importancia dos problemas formulados e convoque a Comisión Negociadora, a fin de que todos os trabalhadores/as e grupos de trabalhadores/as poidan trasladar as súas alternativas e contribuír a solucionar un asunto que, de non pecharse axeitadamente, pode supor un grave problema pra dúcias de persoas, así como pro desenvolvimento normal dun servizo público tan importante como o da recolhida do lixo.

Volver