O TRIBUNAL SUPREMO ESTIMA AS TESES DA CIG A RESPEITO DAS OPERARIAS DA AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS
Conségueo tras unha longa loita nos xulgados de mais de 7 anos
O Tribunal Supremo sentenza a favor dun grupo de traballadoras de axuda a domicilio do Concello do Barco representadas pola CIG. Tras máis de sete anos de loita, ten que ser o Tribunal Supremo o que ven a darlle a razón ás oito traballadoras representadas polo sindicato, e así, sentar xurisprudencia.
Ista decisión terá unha grande repercusión, pois va cotemplarse nos pronunciamentos xudiciais a respeito doutras administración públicas no caso de traballadoras contratadas por programas.
A reivindicación consistía en que se igualase o seu salario ó da categoría de pión, petición que o concello sempre rexeitou. Xa en primeira instancia, o xulgado social número dous de Ourense, ditara sentenza nesta mesma liña, polo que as traballadoras incrementarán sustancialmente o seu salario e a súa cotización.
Parabéns a tod@s por conquerir iste grande avance despois de tantos anos de esforzo!!!

