A CIG CONSEGUE A PARALIZACIÓN DA PRIVATIZACIÓN DO SERVIZO DE RECOLHIDA DO LIXO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL
Un xulgado de Ourense, estimando en parte umha demanda da CIG de Verín e A Limia, paraliza a privatización do Servizo de Recolhida do Lixo Provincial
Tínhano todo perfectamente desenhado. Mentres o Partido Popular acordaba a privatización do Servizo de Recolhida do Lixo pra adxudicarlho a umha futura empresa privada, o Comité de Empresa (CCOO) aceptaba a tranferencia de 44 trabalhadores/as a isa futura empresa. O que falhou é que non contaban conque a CIG impugnaría o acordo e conseguría a súa anulación.
A Xustiza freou a privatización do servizo de recolhida do lixo da Deputación de Ourense. O pacto alcanzado entre o Goberno provincial e o Comité de Empresa de CCOO foi declarado nulo por vulnerar dereitos constitucionais dos trabalhadores e das trabalhadoras. Tras analizar a demanda presentada pola CIG, o xuíz concluíu que o acordo entre o comité de empresa e a Deputación violaba o artigo 14 da Constitución, que establece que «todos e todas somos iguais ante a lei». O acordo anulado fixaba condicións especiais para os traballadores fixos, que terían garantido o seu reingreso na Deputación en caso de despedimento mentres que os temporais non: «Non existe razón algunha que o xustifique dende o punto de vista da igualdade», opinou o xulgador.
A CIG ven de solicitar, á Deputación Provincial, logo da publicación da sentenza, umha xuntanza pra analizar as consecuencias da mesma e comunicar a proposta da nosa central, que pivota ao redor de dous eixos:
1º.- Prestación pública do servizo de recolhida do lixo.
2º.- Garantía de estabablidade a todos os trabalhadores/as afectados: fixos, indefinidos e temporais.

