Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG CHAMA AOS ALCALDES/AS A MOBILIZAR Á SOCIEDADE CONTRA A POLÍTICA FORESTAL DA XUNTA

05 Ago 2017

O Secretario de Organización da UC da CIG de Ourense e Verín dirixiuse a todos os Alcaldes/as da Comarca

Tras o devastador incendio forestal sofrido na Comarca de Monterrei, concretamente, nos Concelhos de Verín, O Rios e Vilardevós e logo ter soportado, no ano pasado, unha vaga de lumes de semelhante magnitude que arrasou os concelhos de Monterrei, Cualedro e Oímbra, a CIG considera que as institucións da nosa comarca deben dar un paso adiante e convocar á sociedade contra a resignación e en defensa doutra política forestal.

Non podemos permitir e conformarnos, ano tras ano, con ver como se incinera a nosa casa e o noso patrimonio sen, polo menos, denunciar socialmente ao goberno responsábel por non investir un peso na limpeza dos montes e na súa reordenación territorial, preferindo gastar inxentes cantidades de cartos na contratación de medios de extinción: helicópteros, avionetas, etc.

É hora de que os nosos representantes populares, sociais, sindicais, culturais, empresariais, etc., sen distinción de ideoloxías, se unan para demandar ao goberno o cambio dunha política fracasada, que estoura o interior do noso País, verao tras verao.

Polo exposto o Secretario da UC da CIG de Ourense e Verín solicitou, por escrito, na manha do día 4/8/17, que, os Alcaldes/as dos Concelhos de Verín, O Rios, Vilardevós, Castrelo do Val, Monterrei, Cualedro, Laza, Oímbra, A Gudinha e A Mezquita e Presidente da Mancomunidade de Concelhos de Monterrei, tomen a iniciativa, se xunten, se unifiquen e convoquen á cidadanía comarcal a umha masiva mobilización popular en reclamación dunha política de limpeza e reordenación do monte inexistente.

NON Á RESIGNACIÓN !!!

POLA PREVENCIÓN E A LIMPEZA DO MONTE !!!

CONTRA A POLÍTICA FORESTAL DA XUNTA DE GALIZA !!!

Volver