Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
Vilardevós
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG CHAMA A PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN DO 12 DE XUNHO EN DEFENSA DO PARTIDO XUDICIAL DE VERIN

09 Xun 2014

A marcha sairá ás 20.00 horas da Praza do Concelho de Verín

A Comisión Executiva da UL da CIG de Verín e A Limia chama a todos os cidadáns/ás das Comarcas de Monterrei e Conso Frieiras a participar na Manifestación convocada pola PLATAFORMA EN DEFENSA DO PARTIDO XUDICIAL DE VERÍN pro próximo día 12 de Xunho do 2014.

Nun momento tan complicado pros dereitos sociais e pros servizos públicos é preciso que os cidadáns e cidadás tomemos a palabra, por medio da mobilización, co obxecto de impedir que gobernos, como o do Partido Popular, segan a esgazar os servizos de todos e todas, pra lhos entregar a uns poucos.

MOBILÍZATE !!! NON PERMITAS QUE SUPRIMAN OS XULGADOS DE VERÍN !!! A XUSTIZA É UN DEREITO NON UN PRIVILEXIO DUNS POUCOS !!!

Volver