Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG ABSTENSE NA VOTACIÓN DO PROXECTO DE ORZAMENTO PRO ANO 2015 PRESENTADO POLO CONCELHO DE VERÍN

20 Nov 2014

Mentres a CIG se abstivo por non considerar posíbel apoiar uns Orzamentos como os presentados, CCOO e CSI.CSIF votaron a favor dos mesmos

Tras a celebración de 2 reunións da Mesa Xeral de Negociación do Concelho, o Alcalde de Verin, o día 20/11/2014, someteu a votación dos membros da Mesa o capítulo de persoal do proxecto de Orzamento do Concelho pro ano 2015, alcánzándose os seguintes resultados: Grupo de Goberno: a favor, CSI.F e CCOO: a favor, CIG: abstención.

En consecuencia, malia que, pros trabalhadores/as non representa mudanza ou melhora algumha, ficou aprobado o Proxecto de Orzamentos do Concelho de Verín pro ano 2015, por CCOO e CSI.F.

As cuestións que se poden pór en destaque do recolhido no proxecto de Orzamentos pro 2015, son as seguintes:

a) O Concelho dota umha partida orzamentar destinada ao pagamento do 25% das pagas extras do ano 2012 do persoal funcionario; evidentemente, por imposición dos Tribunais de Xustiza, non por concesión do Concelho de Verín.

b) O Concelho dota un fondo de continxencia pra mudanzas que poidan vir derivadas das negociacións colectivas abertas (persoal laboral e funcionario); sendo tal partida a mesma que se dotou, noutros exercicios, sen que implicase melhora algumha pro persoal do Concelho de Verín.

c) O Concelho dota umha partida orzamentar destinada ao pagamento dos trienios que se poidan reconhecer ao persoal laboral, por trabalhos pra outras Administracións; aínda que nen sequera se admite facer umha regularización de oficio de tais pluses de antigüidade, forzando ao persoal que queira cobrar os trienes que lhe corresponden a ter que reclamalos xudicialmente.

Pois ben, a Unión Local da CIG con tais vimbios non puido apoiar o Orzmamento presentado, porque non achega nada novo pro persoal. Porén, como xesto dirixido ao Grupo de Goberno, a CIG non votou en contra, a fin de favorecer un clima distentido nas negociacións colectivas que se van desenvolver a partires do mes de Decembro. Olharemos, naquela altura, quen son os do NON !!! 

A CIG xa fixo o seu xesto, agora, a pelota está no telhado do senhor Jiménez Morán. Se non avalía a acción do noso sindicato, o resultado que vai alcanzar será o mesmo que o obtido nos últimos exercicios.

Volver