A ASOCIACION MONTEVAL-GDR 9 DA COMARCA DE MONTERREI OFERTA TRES PRAZAS
Son postos temporais para Xerente, Técnic@ e Administrativ@
O Presidente da Mancomunidade de Verín fixo pública o martes 22 a convocatoria, que ten por obxecto a definición dos procesos selectivos que se aplicarán na selección do persoal laboral contratado para xestionar o Programa LEADER 2014-2020 no ámbito territorial do GDR9 Asociación Monteval. Ofertan tres prazas laborais temporais, unha para xerente, outra para técnico/a, e unha última para administrativo/a. O prazo para a presentación de solicitudes é de 20 días naturais. A equipa técnica será contratada mediante un proceso selectivo que respectará os principios de igualdade, mérito e capacidade. Após do proceso selección procederase á contratación até finalización do programa LEADER 2014-2020. A equipa técnica encargarase da información e asesoramento á poboación sobre os fondos LEADER e outras posibilidades de desenvolvemento e recursos, asr como do acompañamento e asesoramento na xestión dos proxectos presentados ao programa LEADER, actuando sempre baixo a supervisión da Xunta Directiva do GDR á que dará conta de todas as súas actuacións e coa que se coordinará estreitamente. Dadas as características do territorio pretendemos contar cun equipo interdisciplinario, móbil e dinámico que viaxe constantemente polo territorio para divulgar ou difundir información e para asesorar Individualmente aos promotores dos proxectos. O seu horario será flexrbel en función das necesidades de cada momento e situación.
Mais INFO: Mancomunidade de Verín. Telef 988414600
Para descarregar as bases pica no pdf que está debaixo da fotografía

