Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL DA COMARCA DE OURENSE OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO

13 Out 2016

Trátase dunha praza de administrativ@ e outra de xerente

A Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense, ADERCOU, acordou con data 6 de outubro de 2016 en Xunta Directiva Extraordinaria, levar a cabo os trámites para contratar ó equipo técnico de ADERCOU mediante proceso selectivo, polo que publicaron o resumo da convocatoria no BOP do xoves 13 de outubro de 2016 para xeral coñecemento e chamamento ás probas de selección. Trátase de dous postos, un de xerente e 1 de administrativ@. A modalidade de contratación será un contrato por obra ou servizo. O sistema de selección constará de tres fases, 1º unha proba escrita que aportará un 60% do proceso selectivo, 2ª fase entrevista que aportará o 15 % do proceso selectivo, e 3º fase de méritos que aportará o 25% do proceso selectivo. As bases da convocatoria poderanse obter na páxina web de ADERCOU http://www.adercou.com, no taboleiro de anuncios na sede de ADERCOU ou no do Concello da Peroxa. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais a contar dende a publicación, e farase no rexistro no concello da Peroxa, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Volver