Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A ASOCIACIÓN CONTRA O CANCRO PON EN MARCHA UN SERVIZO DE ATENCIÓN O DÓ

16 Abr 2020

Farano mediante a súa equipa de atención psicolóxica

A AECC informa dun novo servizo de atención psicolóxica na atención en dó. Din que "De todos os colectivos, hai un que especialmente nos preocupa, que é o de familias que agora mesmo están perdendo un ser querido, moitas veces sen poder nin tan sequera despedirse. Consideramos, por tanto, iniciar a atención en dó á poboación NON ONCOLÓXICA afectada polo COVID19".

A Asociación conta cunha experiencia máis que contrastada na atención en dó, xa que son, sen dúbida, un dos referentes no estado neste campo. Están convencidos de que poden realizar unha importante labor de axuda a través da súa equipa de atención psicolóxica, e achegar así, na medida do posíbel, a colaboración da AECC Ourense nestes momentos tan difíciles. Pódese acceder o servizo:
Por teléfono: 988 21 93 00 – 900 100 036
Por correo electrónico: ourense@aecc.es
Por web: www.aecc.es

Volver