Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A ASOCIACIÓN AGAL OFERTA UNHA NOVA EDICIÓN DE CURSOS DE PORTUGUÉS

18 Xun 2018

Terán unha semana de duración e celebraranse na cidade de Porto

A asociación AGAL convoca unha nova edición dos cursos  aPorto, os cursos de portugués dunha semana de duración no verán na cidade do Porto. Nesta edición, ademáis da visita guiada pola cidade, as actividades socioculturais inclúen un seminario de fonética e dicción dirixido por Rui Spranger e unha serie de conversas en pequenos grupos sobre temáticas variadas (música, medios de comunicación, teatro, economía…) dirixidas  por portuenses que actuarán de guías pola cidade do Porto. As semanas da presente edición serán 23-27 de xullo, 30 de xullo-3 de agosto (o formato habitual), e 6-10 de agosto (novo formato para docentes).

O aPorto Docentes é un formato específico dos cursos aPorto para o profesorado do Ensino Público da Galiza (foi concedida de modo previo e provisional a homologación de horas de formación). Con un programa diferente, o foco diríxese a atinguir os coñecementos básicos da língua portuguesa.

O prezo, que inclúe as aulas matutinas e actividades socioculturais vespertinas, é de 210 euros mais no caso de estudantes, ex-alumnas/os,afiladas/os da CIG, socias/os da AGAL  e persoas xubiladas e desempregadas será de 175 euros. Toda a información no propio site. Para resolver calquera dúbida ao respecto, faino na seguinte ligazón: cursos@agal-gz.org

A pré-inscrição xa comezou e non ten custo, pero é necesaria para reservar a praza para a inscrición que comezará o 1 de xunho.

Volver