Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A ASEMBLEA ABERTA CONVOCADA NA LIMIA POSICIÓNASE CONTRA A SUPRESIÓN DOS REXISTROS CIVÍS

16 Abr 2015

Coa presenza de varios Alcaldes da Comarca acordouse a elaboración de pancartas informativas contra a supresión dos Rexistros Civís na Limia

O día 15 de Abril de 2015, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Xinzo de Limia celebrouse a Asemblea cidadá, convocada pola Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Xinzo de Limia; pra abordar as consecuencias da centralización e supresión dos Rexistros Civís na Comarca Limiá.

Os presentes, previa explicación das consecuencias da supresión de tais organismo públicos, acordaron:

a) A elaboración, por parte dos Concelhos, de pancartas contra a supresión dos Rexistros Civís, pra colocar en todos os entes locais da Limia.

b) A aprobación de mocións plenarias contra a supresión dos Rexistros Civís e o seu envío ao goberno central.

c) A convocatoria dumha nova xuntanza da plataforma pra próxima semana, co obxecto de avaliar a posibilidade de convocatoria de medidas de presión contra a supresión dos Rexistros Civís.

 

Volver