A alcaldesa en funcións de Verín emite un decreto polo que obriga á policía local a facer horas extra
Anuncian que o impugnarán perante o xulgado este novo intento de impor traballos extraordinarios
Os policías locais acordaran deixar de facer horas extra como medida de presión para que se abrira a negociación do convenio colectivo, paralizada pola negativa do alcalde e diante da proposta de pagarlles esas horas a un prezo por hora extra mesmo inferior á hora normal.
Entre as medidas acordadas nos últimos días os axentes anunciaron que non farán tarefas que non lles son propias nin entregarán notificacións que non dimanen da propia policía local, algo que si viñan facendo aínda que non figuraban entre as súas funcións na relación de postos de traballo do concello.