Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

XERARDO SEOANE, ALCALDE DE VERÍN, CONDENADO A SOMETER AO PLENO DO CONCELHO OS ACORDOS ASINADOS COA CIG EN XULHO DE 2016

08 Feb 2018

O xulgado CA 1 de Ourense ditou a sentenza

O día 8 de xulho do 2016, no ámbito da Mesa Xeral de Negociación do Concelho de Verín, o goberno municipal e a representación sindical e unitaria dos trabalhadores/as, aprobaron o "Acordo dirixido a regular a actualización da Relación de Postos de Trabalho, a Renovación do Convenio Colectivo do Persoal Laboral, o Acordo Regulador do Persoal Funcionario e as Bases de Contratación do Concelho de Verín"

Na reunión da Mesa Xeral de Negociación, celebrada o 15/07/16, os mesmos actores, aprobaron o cronograma da negociación colectiva, ficando comprometido, o Concelho de Verín, a someter ao Pleno municipal, inmediatamente posterior á Mesa Xeral, o citado Acordo.

Porén, os compromisos contraídos foron defraudados e incumpridos, sistematicamente, pola máxima autoridade local verinesa que decidiu, unilateralmente, non someter a aprobación plenaria os pactos asinados.

A CIG requiriu ao Concelho de Verín, con carácter previo a interpor recurso contencioso, para que dise cumprimento ao acordado até en 3 ocasións: o 27/09/16, o 13/10/16 e o 13/01/17.

 Nengún dos tres requirimentos previos rematou por producir o efecto pretendido e, así as cousas, a UL da CIG de Verín e A Limia impugnou, nos xulgados do Contencioso Administrativo d’Ourense, a “inactividade material” do Alcalde do Concelho de Verín, ao considerar que o incumprimento do acordado violaba o dereito á negociación colectiva do artigo 37 da CE.

O pasado 31/01/18 o Xulgado do CA nº 1 d’Ourense, estimando o recurso da CIG, ditou sentenza condenando ao Alcalde do Concelho de Verín a incoar, no prazo de 10 días, un procedimento administrativo dirixido a dar cumprimento aos Acordos da Mesa Xeral de xulho do 2016, impóndolhe a obriga resolver o procedimento no prazo máximo de 3 meses e, asemade, imputando ao Concelho o pagamento das custas procesuais.

Pois ben, ou moito muda a actitude do Alcalde do Concelho de Verín de aquí ao fin da lexislatura ou, infelizmente, iste vai ser o carreiro que deba percorrer o grupo de Goberno nos 4 preitos que aínda faltan pro resolver e, daquela, nenguén poderá aducir que a CIG non tentou a vía do diálogo e que non advertiu das consecuencia da reiteración e da negativa a negociar.

 Como sempre, ficamos abertos a falar co grupo de goberno, mais ese diálogo pasa por cumprir o que se asina e, niste caso, o Alcalde verinés foi condenado por incumprir o que asina.

Volver