Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

Un xulgado de Ourense anula a aprobación dos orzamentos municipais de Verín do ano 2009 despois dunha denuncia da CIG

10 Set 2010

A sentenza obriga ao Concello a admitir a trámite as alegacións da central nacionalista en materia de persoal

Dende a CIG explican que presentaron o recurso no seu día ao entender que o Concello de Verín non podía inadmitir as súas alegacións en materia de persoal do sindicato ao tratarse dunha entidade lexitimada para presentalas, tal e como agora recoñece o fallo xudicial. Lembran que o interventor municipal rexeitara as alegacións -por orde do alcalde da vila- argumentando que non tiñan nada que ver cos orzamentos, “o que supón unha lesión dos dereitos da CIG e dos traballadores/as á negociación colectiva e a que se lle dea unha resposta de acordo a dereito”, indican dende a central nacionalista.

Neste senso, cualifican a decisión do xulgado como “moi positiva” xa que obriga a resolver as alegacións e a repetir o pleno para a aprobación dos orzamentos. Con todo, amosan a súa preocupación por ter que acudir á Xustiza permanentemente “por culpa de quen interpreta o labor de servizo público de xeito persoal e patrimonial”.

Finalmente, agardan que o rexedor de Verín, Juan Jiménez Morán, non bote man da demagoxia política e sinale a CIG como responsábel da anulación dos orzamentos, “xa que o culpábel é quen cometeu irregularidades na súa confección”.

Volver