Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

TRABALHADOR@S DE CONSTRUCCIONES HERMANOS CARRAJO MANIFÉSTANSE EN OURENSE

24 Out 2018

Fixérono diante do despacho de avogad@s que asesora á empresa

Na manhá de hoxe, @s operari@s da empresa Construcciones Hermanos Carrajo manifestáronse diante do bufete de avogad@s que asesora á empresa para reclamar unha solución a unha situación insostíbel; a débeda de máis de 5 mensualidades.

A concentración, á que asistíu o Secretario Nacional da FCM CIG Construción, desenvolveuse ás portas do despacho de avogad@s que asesoran á empresa, mentres os delegados de persoal, xunto co asesor da CIG, estaban na primeira reunión do período de consultas do ERE no que está inmersa a empresa.

Nesta xuntanza, os representantes da CIG esixiron que se fagan efectivos os pagamentos ó plantel, de 50 trabalhador@s, dos salarios posteriores á declaración do concurso de acreedores, de data 7 de setembro do presente ano. Asemade, o administrador concursal reconheceu que se levaron a cabo pagamentos que non se axustaban á legalidade, pois nestes casos, os primeiros que deben cobrar segundo a normativa vixente, a Lei Concursal, son @s trabalhador@s.

"Non hai documentación nen proba alguna que demostre a falta de liquidez que esgrime a empresa", indica Plácido Valencia, Secretacio Nacional da CIG da Federación de Construción e Madeira, que tamén informou "non consideramos nin ético nin axustado a dereito que se esté pagando antes a acreedores que ás/aos trabalhador@s. O administrador concursal xunto coa concursada ordearon efectuar pagos coa tesourería existente sen respetar a preferencia d@s empregad@s, creándolhes un grave prexuizo, pois levan cinco meses sin cobrar".

Asemade, Valencia pedíulhe ao administrador concursal, Diego Comendador "que sexa conscente do que está a suceder, e que pense nas familias d@s operari@s que están pasando por unha situación de necesidade e tenha a ben facer os pagos correspondentes de setembro e outubro coa tesourería existente niste momento na empresa".

Neste mesmo proceso, o sindicato reclamou a suspensión deica que a xuíz se pronuncie en torno a impugnación da admisión a trámite do ERE, pois omitíuse documentación e obviouse a ausencia do período para producir extincións. Do mesmo xeito, tamén se solicitou a inclusión no período de consultas ás outras empresas do grupo "Hormigones y Contratas López Iglesias", "Industrias Carrajo", "Primosca" e "Dinor".

Finalmente, os representantes d@s trabalhadores fixeron petición urxente das certificacións dos cretos salariais dos 30 días anteriores á declaración do concurso de acreedores e dos restantes coa fin de formular as correspondientes peticións ao Fondo de Garantía Salarial.

Volver