Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

SEAGA ABRE O PRAZO PRA ACTUALIZAR MERITOS E PRESENTAR SOLICITUDES PRA FACER PARTE DAS LISTAXES PREVIAS DE CONTRATACION

04 Dec 2014

O prazo pra actualizacion de méritos e presentacion de solicitudes vence o 22 de Decembro

En data 30 de setembro de 2014 publicouse resolución do Director Xerente de SEAGA pola que se anunciou o pechamento pra incorporación de novas solicitudes ás actuais listaxes previas da Sociedade. Porén, e debido á necesidade inminente da SEAGA de proceder á  realización de novos procesos de selección de persoal temporal, abriuse, o 26/11/14, o prazo pra presentación da documentación correspondente á actualización de méritos por parte dos integrantes das listaxes previas que se relacionan e/ou, de ser o caso, pra presentación de solicitudes de novos candidatos/as a ser incluídos/as nas listaxes previas de contratación: 

1. Listaxes previas:

Enxenheiro/a de Montes, Enxenheiro/a, Técnico Forestal, Enxenheiro/a Agrónomo, Enxenheiro/a Técnico/a Agrícola, Enxenheiro/a de Caminhos, Canles e Portos, Enxenheiro/a Técnico de Obras Públicas, Arquitecto/a, Arquitecto/a Técnico, Capataz, Xefe/a de Brigada, Maquinista – condutor/a, Pión Especialista, Pión, Oficial Administrativo/a, Auxiliar administrativo/a

2. Documentación a presentar polos interesados/as:

O proceso de cualificación dos novos candidatos/as, e actualización de méritos dos integrantes das listaxes previas, axustarase ao disposto nas bases xerais e bases específicas da correspondente convocatoria para cada categoría profesional:  

- No caso de integrantes das listaxes previas que só desexen actualizar méritos, estes deberán achegar a documentación acreditativa dos mesmos que se axuste ao recolhido nas bases específicas para a correspondente categoría profesional.

- No caso de novos candidatos/as, estes/as deberán achegar a documentación que para cada categoría profesional se recolhe no apartado “Solicitudes” das correspondentes bases específicas. A actualización dos méritos serán computábeis até o día 30 de novembro do 2014.

- No caso dos trabalhadores/as que prestaran ou presten servizos en SEAGA a esa data, a actualización de méritos correspondentes aos períodos trabalhados nesta empresa efectuarase de oficio por parte de SEAGA.

3.- Lugar e prazo de presentación:

As solicitudes ou actualización de méritos dirixiranse ó Director-Xerente de SEAGA, e a súa presentación poderase facer:

-nas oficinas de rexistro de SEAGA, ubicadas no Polígono Industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela – A Coruña, de luns a xoves en horario de 9:00 h a 14:00h e de 16:00 a 18:00h e os venres en horario de 9:00h a 14:00h. 

- nas oficinas de rexistro de SEAGA, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, sitas en:

-Polígono do Ceao, Rúa dos Carros, parcela 17, 27003-Lugo

-Pol. San Cibrao das Viñas, Sector C, Rúa Ricardo Martín Esperanza (Rúa 1) Parcela 1-G Nave 3, 32911-San Cibrao das Viñas - Ourense

-Lugar Cabanas-Salcedo, nº 54, 36103 - Pontevedra

-Estrada N. VI, Km 581, 15640 Guísamo-Bergondo

-nas oficinas do Organismo Estatal de Correos mediante correo certificado con acuse de recibo (debendo, neste caso, no mesmo día de presentación da solicitude, remitir vía Fax, ao número 881 997 334, acreditación de dita presentación, que abrangue tanto o resgardo acreditativo do envío que se entrega o cliente por parte do Organismo Estatal de Correos como a copia da solicitude ó proceso de selección)

4.-O prazo de actualización de méritos:

Por parte dos integrantes das listaxes ou dos novos candidatos/as a ser incluídos será de 15 días hábeis contados a partir do día seguinte o anuncio da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia (do 1 ó 22 de decembro, ambos inclusive).  

Volver