Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

Representantes dos traballadores/as da Vidreira terán unha xuntanza co delegado provincial da Xunta o mércores 10 de xuño

01 Xun 2009

A CIG-Verín celebra o sobresemento das denuncias contra dous afiliados, pero lamenta a ruptura da unidade con CCOO

O vindeiro mércores 10 de xuño, os representantes dos traballadores e traballadoras da Vidreira do Atlántico están convocados polo delegado da Xunta de Galiza en Ourense a unah reunión-mediación para tentan avanzar na busca dunha saída negociada ao conflito laboral. A xuntanza, solicitada pola representación do persoal, terá lugar ás 11:00 horas na sala de Xuntas do Edificio administrativo da Xunta en Ourense.

Querela contra o director de Recursos Humanos

Dende a CIG de Verín informaron tamén que pasado venres 29 de maio tivo lugar no xulgado de Xinzo de A Limia o acto de conciliamento contra Fernándo Amilivia González, representante legal e director de Recursos Humanos do Grupo BA, no proceso de querela interposta contra el polo Comité de Folga e a CIG, acusado de inxurias e calumnias. Anxo García Torres, responsábel da CIG-Verín, explicou que Amilivia mesmo chegou “a expulsar, nun xesto absolutamente improcedente,” aos membros da CIG do Comité de Folga.   

Na querela denúnciase que Amilivia verteu diversas manifestacións “que atentan contra o dereito ao honor e integridade moral dos membros do Comité de Folga”, destacando que o “alcance da gravidade das devanditas declaracións foise incrementando en cada un dos referidos escritos”. Nun primeiro momento, comezou por acusar aos conciliantes de comportamento abusivo e contrario ás obrigas legalmente establecidas como membros do Comité de Folga.

Seguidamente continuou con outra “acusación directa de abuso e incumprimento do deber de participación do Comité de Folga; e rematou, nos últimos dos escritos, coa imputacións de suposta accións ilícitas contra os bens da empresa, de suposto delicto contra os dereitos dos traballadores e, mesmo, de suposta ocultación de probas”, sinálase na querela.

Pola súa banda, o representante de BA Vidro non compareceu ao acto de conciliación, motivo polo que o proceso rematará coa celebración dun xuízo.

Outros procesos xudiciais

Dende a CIG de Verín tamén informaron da marcha doutros procedementos xudiciais abertos no marco do conflito colectivo na Vidreira do Atlántico, entre os que se atopa a citación recibida para a comparecencia no xulgado do social 1 de Ourense nos dous xuízos de conflito colectivo interpostos polo Comité de Empresa contra a Vidreira e o Grupo BA os vindeiros días 8 e 19 de xuño.

Así mesmo, o 28 de maio recibíronse os dous autos de sobresemento e arquivo das denuncias presentadas por un directivo da empresa, José Manuel Breñosa Álvarez de Miranda, contra os afiliados da CIG Rubén Rodríguez Díaz e Plácido Valencia Rodríguez (presidente do Comité de Empresa) acusándoos de impedirlle o seu dereito ao traballo. O xulgado de Xinzo sobreseas e arquívaas, deixando sen cargos aos afiliados da CIG.

Resposta á ruptura da unidade por parte de CCOO

García Torres lamentou tamén a ruptura da unidade sindical que se viña mantendo até o de agora na Vidreira e criticou a “desbandada” protagonizada por CCOO “sen propor medidas alternativas ao conflito, colocándose docilmente nas mans da empresa”.

 

Volver