Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

Remata a acción formativa de forGA de ‘Atención Sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio’

10 Nov 2011

Dota aos alumnos/as dos coñecementos suficientes para desenvolver esta tarefa con todos os garantes precisos

Esta formación, dirixida a traballadores/as desempregados e subvencionada polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Traballo da Xunta de Galiza, desenvolveuse no centro propio da forGA-Verín na Avenida de Sousas dende o pasado mes de abril.

Está dividida en tres unidades de competencia, dúas de prácticas (que se realizan no Asilo de Verín), e outros tres módulos transversais que foron impartidos e titorizados por docentes homologados pola consellaría de Traballo da Xunta de Galiza, dotando aos alumnos/as dos coñecementos suficientes para desenvolver esta tarefa con todos os garantes precisos.

foGA salienta o especial valor desta titulación, pois moitos dos concellos e tamén empresas da comarca que se adican á atención de persoas dependentes anunciaron que, anticipándose á lexislación farán deste, un requisito imprescindíbel para poder acceder a un posto de traballo nesa categoría.

Unha vez rematado este curso (neste momento os alunos/as atópanse no período de prácticas a maiores das horas lectivas), forGA confía en que os participantes, formados na materia e dotados da cualificación axeitada, atopen un posto de traballo acorde cos coñecementos adquiridos, que é a base fundamental que impulsou á CIG-Formación á solicitude desta titulación para a comarca.

Asimesmo agarda que, debido á gran demanda neste campo, nos vindeiros anos se poida seguir impartindo esta especialidade e contribuír deste modo a que traballadores/as desempregados se introduzan novamente no mercado laboral.

Volver