Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

PUBLICADOS OS MÉRITOS PROVISIONAIS NAS NOVAS BOLSAS DE EMPREGO DE CORREOS

07 Mar 2018

Foron publicados o 6 de marzo

O martes día 6 de Marzo publicáronse os Méritos Provisionais das  Bases das Bolsas de Emprego de Correos. Poden consultarse as solicitudes dos Méritos e presentacións de Reclamacións por dúas vías:

-on-line na páxina web de Correos:

http://www.correos.es/información_corporativa/recursos_humanos/empleo/bolsas de empleo 2017

- na intranet de Correos

Pra facer a consulta cada solicitante, debe introducir os dados persoais: NIF, NIE, NIUE máis o numero identificador da solicitude.

O prazo de reclamación é do 06 de Marzo ó 12 de marzo ambos inclusive.

Aconséllase ler as guías con instrucións dispoñibles na Web e Conecta con anterioridade, e non realizar reclamacións con dispositivos móbiles. Unha vez efectuada a consulta, poderán aparecer candidatos con solicitude correcta, incorrecta ou anulada. As reclamacións, teranse que realizar exclusivamente de maneira telemática a través dun formulario de reclamación que se facilitará tanto na Web como en Conecta.

Na valoración de méritos serán tidos en conta:

-Servizos efectivos prestados.

-Respostas correctas na Convocatoria de Ingreso do 30 de decembro 2015.

-Permisos e licenzas de Condución.

-Formación académica oficial.

-Cursos de formación impartidos por Correos ou os homologados ás Organizacións Sindicais.

MÉRITOS: Os méritos dos candidatos valoraranse dende o 01/05/2012 ate o 22 de decembro de 2017.

Os enlaces da Convocatoria son os seguintes:

Consulta Modificación y Reclamación datos Provisionais
Guía Xeral
Guía Solicitudes Correctas
Guía Solicitudes Incorrectas
Preguntas Frecuentes
Nota CorreosBases da Convocatoria

Volver