Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

PUBLICADOS OS FORMULARIOS PARA SOLICITAR A DEVOLUCIÓN DAS RETENCIÓNS DO IRPF DAS PRESTACIÓNS POR MATERNIDADE E PATERNIDADE

04 Dec 2018

A Axencia Tributaria publicounos o luns 3 de decembro

Xa está o dispor na web da AEAT o procedimento pra solicitar as devolucións das retencións practicadas no imposto da renda das prestacións por maternidade e paternidade.

O proceso de reclamación e devolución realizarase en 2 fases. Na primeira, operativa desde o luns 3 de decembro, poderase reclamar a devolución do retido nos anos 2014 e 2015 descarregando o formulario ou tramitandoo na web. Na segunda fase, poderase reclamar o correspondente aos anos 2016 e 2017, e solicitarase dende xaneiro de 2019.

O formulario para solicitar a devolución do retido incorrectamente está a dispor tanto de forma online como de forma descargable, para ser presentado de xeito presencial.

Se queres descarregar o formulario e as instruccións abre os pdf que están debaixo da fotografía.

Para os nados no 2018, estas xestións realizaranse na propia declaración da renda que comezará en abril de 2019.

INFÓRMATE NOS LOCAIS DA CIG

Volver