Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

PUBLICADO O CALENDARIO LABORAL 2018 PARA A PROVINCIA DE OURENSE

17 Nov 2017

O BOP fixoo público o venres 17 de novembro

O servizo de emprego e economía social da xefatura territorial de Ourense, da consellaría de economía, emprego e industria, fai público no BOP do 17 de novembro o calendario laboral da provincia de Ourense 2018. Conforme ao que dispón o artigo 37.2 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, o artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, o Decreto 86/2017, do 7 de setembro, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2018 (DOG 175, do 14 de setembro de 2017) e o artigo 1.11 do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de  funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, tendo en conta o anterior, elaborou para a provincia de Ourense os días festivos de carácter local para o ano 2018. Decláranse inhábiles para o ano 2018, para os efectos laborais retribuídos e non recuperables, ademais das festas de ámbito estatal que se sinalan para o ano 2018 (BOE 245, do 11 de outubro de 2017) e as festas laborais propias da Comunidade Autónoma de Galiza, excepto o día 17 de maio, Día das Letras Galegas, que terá carácter recuperable (DOG 175, do 14 de setembro de 2017) tamén, e dentro dos respectivos termos municipais, as festas de carácter local.

Volver