Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

LISTAXES PROVISIONAIS DAS CATEGORÍAS DO SPDCIF DE BOMBEIR@ FORESTAL E B.F. CONDUTOR/A

16 Mar 2018

Publicadas no DOG do 16 de marzo

No Dog do 16 de Marzo de 2018, aparece publicada a resolución do 9 de marzo de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listaxes provisionais para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia de determinados grupos e categorías correspondentes aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais, reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro. Facer públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal laboral do grupo IV, categoría 033 Bombeir@ Forestal condutor de Autobomba e do grupo V categoría 014 Bombeir@ Forestal. As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, parte de , e nas oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza). As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentaren reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).
Xunto coas ditas reclamacións, achegarase, de ser o caso:
• A documentación precisa para emendar a causa de exclusión.
• Certificación de servizos prestados na Xunta de Galicia no mesmo grupo e categoría, segundo o modelo que figura como anexo I desta resolución.
• Certificación de servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios .
A partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, tanto as persoas provisionalmente admitidas como as provisionalmente excluídas poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos..Unha vez transcorrido o prazo para formular alegacións, levaranse a efecto as emendas procedentes e daráselle publicidade ás listas definitivas no Diario Oficial de Galicia.

Volver