Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

PUBLICADAS LISTAXES PROVISIONAIS DE CONTRATACIÓN DA XUNTA

19 Dec 2018

Son para persoal laboral e funcionario

A Xunta de Galiza fai pública no DOG do 19 de decembro a resolución do 17 de decembro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicos as listaxes provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.

As listaxes poderanse consultar no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de «Listas de contratación» e nas oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza).

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza, para presentaren reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellaría de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Volver