Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS PARA CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL E FUNCIONARI@ DA XUNTA DE GALIZA

20 Dec 2017

Foi publicado no DOG do 20 de decembro

No Dog do mércores 20 de Decembro, sae publicada a resolución do 13 de decembro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, reguladas no Decreto 37/2006, do 2 de marzo. As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de «Listas de contratación»; no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012; no Servizo de Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia. As devanditas listas incluirán a seguinte información: Solicitantes admitidos/as na lista con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006 e solicitantes excluídos/as con expresión da causa de exclusión. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. s persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, para o cal deberán consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, e copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa.

Volver