Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS DE CONTRATACIÓN LABORAL DA XUNTA DE GALIZA

03 Feb 2020

O prazo para a interposición de reclamacións remata o 29 de febreiro

A Xunta de Galiza fixo pública no DOG do 29 de xaneiro a resolución do 24 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listaxes definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 28 de novembro de 2019 (DOG núm. 232, do 5 de decembro) fixéronse públicas as listaxes provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas ao persoal funcionario e a contratación temporal do persoal laboral da Administración da Xunta de Galiza, elaboradas en cumprimentodo artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.

Se queres descarregar a resolución abre o pdf que está debaixo da fotografía

 

Volver