Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

PUBLICADAS AS LISTAS PROVISIONAIS PARA AS CONTRATACIÓNS TEMPORAIS DE FUNCIONARI@S E LABORAIS REGULADAS POLO DECRETO 37/2006

15 Nov 2017

Publicaronse no DOG do mércores 15 de novembro

No Dog de hoxe 15 de Novembro, sae publicada a resolución do 13 de Novembro de 2017, da Dirección xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listaxes provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e á contratación temporal de persoal laboral da xunta, regulado no Decreto 37/2006, do 2 de marzo. As listas poderán consultarse no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no Servizo de Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal.


Os/as interesad@s disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (15/11/17), para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela). A partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, tanto os solicitantes provisionalmente admitid@s como @s provisionalmente excluíd@s poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos, de conformidade co establecido no artigo 15.2. do Decreto 37/2006, modificado polo Decreto 124/2016. Unha vez transcorrido o prazo para formular alegacións, levaranse a cabo as emendas procedentes, e daráselle publicidade ás listas definitivas no Diario Oficial de Galicia. Podedes consultar toda a información o seguinte enlace do DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171115/AnuncioCA01-131117-0001_gl.pdf

 

Volver