Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

PUBLICADAS AS LISTAS PROVISIONAIS DAS AXUDAS DO FONDO DE ACCIÓN SOCIAL

15 Nov 2017

O prazo de reclamacións é de 10 días hábiles

No DOG do mércores 15 de Novembro, sae publicada a resolución do 9 de Novembro da Dirección Xeral de Función Pública, onde se anuncia exposición das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas do fondo de acción social, para a atención de persoas con discapacidade  para o persoal da Administración da Xunta de Galicia.

· Para consultar estas listaxes, Función pública deixa o seguinte enderezo web:

http://funcionpublica.xunta.es/?q=FAS.

· Para o coñecemento íntegro do acto os solicitantes deberán introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código de impresión da súa solicitude.

· Contra a resolución provisional dos expedientes os/as interesados/as poderán presentar reclamación e, de ser o caso, emendar os defectos causantes da exclusión no prazo de dez díaz hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros públicos.

· As reclamacións e presentación de documentos deberán dirixirse a:

Director xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Edificio Administrativo San Caetano.

Número 1, piso 2º,

15770 Santiago de Compostela.

Volver