Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

PUBLICADAS AS BASES XERAIS DE CONTRATACIÓN DA MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DE VERÍN

30 Xun 2017

Estas bases regularán todos os procesos selectivos

A Mesa Xeral de Negociación da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, fai pública no BOP do 30 de xuño a aprobación que levou a cabo na súa sesión de data 14.06.2017 das "Bases xerais reguladoras da contratación do persoal da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín e dos concellos de Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra e Vilardevós.
O obxecto destas bases xerais consiste en regular todos os procesos selectivos do persoal que deban convocar a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín e os concellos de Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra e Vilardevós.

Igualmente, por medio delas serán regulados os procesos selectivos do persoal de todas as entidades públicas, empresas públicas, consorcios, asociacións ou calquera figura societaria na que calquera das entidades locais vinculadas por estas bases xerais teñan unha participación maioritaria. O ámbito funcional das bases xerais abranguerá a todos os procesos selectivos de contratación de persoal temporal e fixo, laboral ou funcionarial.

Para olhar as bases abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver