Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

PUBLICADA OFERTA DE EMPREGO NO CONCELLO DA MEZQUITA

14 Xun 2018

Ofertan un total de 13 contratos temporais

No BOP do 14 de xuño aparecen publicadas tras a súa aprobación, por resolución da alcaldía do concello da Mezquita, con data 11 de xuño do 2018, as bases que rexerán a contratación temporal por concurso-oposición de:
- Socorrista en piscinas municipais: (1) contrato temporal a tempo completo, segundo subvención concedida.
- Pión forestal: (2) contrato temporal a tempo completo, de nove meses de duración.
- Brigadas de incendios: (2) xef@s de brigada, (2) pións condutor@s e (6) pións: contrato temporal a tempo completo, de tres meses de duración.
Os/as interesados/as poderán presentar a súas solicitudes, dirixidas ao alcalde, no rexistro do concello, de 09 a 14 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web do concello: http://amezquita.sedelectronica.gal

 

Volver