Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

PUBLICADA NO DOG MODIFICACIÓN DO DECRETO 37/2006 QUE REGULA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA

11 Xun 2019

Contén importantes modificacións

A conselharía de facenda da xunta de Galiza fixo público no DOG do luns 10 de xunho o decreto polo que se modifica o decreto 37/2006 que regula nomeamento de persoal interino para o desempenho con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da xunta de Galiza.

No Decreto 37/2006, do 2 de marzo, regúlase o procedemento para a provisión con carácter temporal de postos reservados tanto ao persoal funcionario como ao persoal laboral da xunta de Galiza, en canto non se proceda á súa cobertura con carácter definitivo. A cobertura temporal dos ditos postos efectúase a través dun sistema de listas abertas distribuídas por corpos, grupos, escalas, especialidades e categorías, conforme un baremo que determina a orde de prelación dos aspirantes.

Se queres descarregar o decreto abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver