Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

PUBLICADA A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DA DEPUTACIÓN DE OURENSE DO 2019

29 Feb 2020

Son un total de 20 postos de acceso libre e 15 de promoción interna

A Deputación de Ourense fai pública no DOG do 28 de febreiro a oferta ordinaria de emprego público do 2019. Son un total de 20 postos de acceso libre e 15 de promoción interna.

As prazas de acceso libre para funcionari@ de carreira son as seguintes: unha de tradutor de lingua galega, unha de enxeñeir@ de obras e servizos provinciais, dúas de técnicos superiores de desenrolo local, unha de técnic@ especialista de desenrolo local, unha de oficial técnico de obras e unha de técnico auxiliar agrícola.

Tamén ofertan, de acceso libre, once prazas para o persoal: unha de mestr@ axudant@ de gaita, tres operari@s sen cualificación, tres pións agrícolas, tres brigadas de estradas e un/ha operari@ constructor@ de instrumentos musicais.

En canto á promoción interna, aparecen un total de doce vacantes pra laborais: unha de conductor/a de maquinaria, catro de chófer especialista, catro de axudante de obras, dúas/douss mecánicos, un/ha chófer operari@ de basura, un/ha operari@ e un axudante de obras. Para os funcionarios tres: unha de enxeñeir@ técnic@ forestal unha de administrativa/o xeral e unha de técnic@ auxiliar de medio ambiente.

Volver