Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

PRIMEIRA XUNTANZA DA EXECUTIVA COMARCAL DE OURENSE TRAS O CONGRESO COMARCAL

13 Xun 2017

Foron repartidas as atribucións e cargos d@s recén elixid@s

O luns 12 de xuño, tivo lugar nos locais da Confederación Intersindical Galega de Ourense, a primeira xuntanza da Comisión Executiva da Unión Comarcal da CIG de Ourense, que resultou elixida na Asamblea Comarcal celebrada o pasado sábado 10 de xuño. Entre outros temas, a orde do día incluíu o nomeamento das diferentes Secretarías e a atribución de competencias ás mesmas. Por unanimidade, acordouse a seguinte distribución de áreas:
1.- Secretario Comarcal: Anxo Pérez Carballo.
2.- Secretario de Organización e Finanzas: Manoel Anxo García Torres.
3.- Secretario e Eleccións Sindicais e Comunicación: Alfonso Fernández Diéguez.
4.- Secretaria da Muller: Xulia González Pascual.
5.- Secretario de Acción Sindical e Negociación Colectiva: Xosé Rodríguez Díaz.
6.- Vogalías: Belén Martínez Portela, Xosé Ramón Álvarez da Coba e Adelina Basteiro González.


Ás 5 Secretarías constituídas atribuíronselle as seguintes competencias:
1.- Secretario Comarcal:
As propias da Secretaria Comarcal, mais Saúde Laboral.
2.- Secretario de Organización e Finanzas:
Organización, Persoal, Afiliación, Servizos, Estruturas, Infraestruturas, Finanzas e Asesoría Xurídica, as campanhas non atribuídas á Secretaría de AASS, NNCC e Formación.
3.- Secretario e EESS e Comunicación:
Coordinación das EESS nas distintas estruturas da central, relacións cos medios de comunicación, medios proprios de comunicación: páxina web, redes sociais, etc. propaganda.
4.- Secretario/a de Acción Sindical, NNCC e Formación:
Coordinación coas Federacións e planificación en materia de acción sindical, negociación colectiva e organización e desenvolvimento das campanhas específicas do 8 de marzo, 10 de marzo, 1º de maio e Declaración da Renda.
5.- Secretaria da Mulher:
As propias da Secretaría da Mulher definidas nos Estatutos Confederais.

Volver